Wednesday 24 de April de 2024

Alarma en Santa Cristina pola proliferación de ratas


Son moitos os veciños que se atoparon con elas

Os lugares frecuentados por estes animais, segundo manifestacións de testemuñas, esténdense ao longo de toda a zona.

Viuse a estes animalitos ao redor de contedores, baixo algún coche, onde hai algún oco no firme da avenida, entrando ou saíndo dalgún local abandonado, tanto na zona do hábitat, como na parada de taxis ou nos xardíns.

Pódense ver a plena luz do día como pola noite, ao reflectir os seus ollos ao quedar expostas ás luces dos coches.
Doutra banda, aínda que empregan a expresión “como coellos de grandes” é seguro de que teñen un gran tamaño, pois iso comentan quen se cruzou con elas.

En varias ocasións, o Partido Popular de Oleiros denunciou publicamente a presenza de ratas en distintos puntos do concello, a última vez con motivo da súa aparición nas inmediacións dun dos centros de educación de municipio, levando o tema ao pleno da corporación.

“Non é un problema menor, son portadoras de graves enfermidades e, ás veces, teñen comportamento agresivo”.

O Alcalde, na súa liña habitual, tras restar importancia ao tema, asegurou que unha empresa especializada estaba a encargarse do seu control, respostas similares ás obtidas con respecto á praga de procesionaria ou as velutinas.

“Hai que incrementar o investimento municipal no control de todas estas pragas, #cuestión que lle volveremos a lembrar a Sr. Seoane no próximo pleno.”